O ciclismo regresa aos Ancares co Cycling Marathon

A proba acaparou todas as miradas cun arranque moi satisfactorio â?? Participaron ciclistas de renome como César García, Iván Raña ou Delio Fernández, pero fallou Induráin
undefined
photo_camera Diversos tramos do Ancares Cycling Marathon. SABELA FREIRE

O Ancares Cycling Marathon arrincou este domingo nos Ancares, na primeira edición desta esixente proba ciclista que retou a grandes figuras do ciclismo español como son César García Calvo, Iván Raña, Gonzalo Rabuñal ou Delio Fernández. Tamén se esperaba a presenza do pentacampeón do Tour de Francia, Miguel Induráin, quen non puido acudir finalmente debido ao contacto estreito cun positivo.

A proba, que contou con medio milleiro de participantes, nace coa vontade de ser o gran fondo de alta montaña de referencia en Galicia, ademais de potenciar o deporte e o turismo nunha zona tan rica e tan natural como a dos Ancares.

A xornada arrincou ás 9,00 horas en Pedrafita do Cebreiro e transitou tamén por As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes. O final foi no Alto do Cebreiro, coñecido por ser a porta de entrada a Galicia para os peregrinos que realizan a ruta francesa do Camiño de Santiago.

Os participantes realizaron dúas rutas: unha longa, de máis de 120 quilómetros e 3.400 metros de desnivel, e unha curta, con case 94 quilómetros e un desnivel de 2.500 metros. Tras a saída en Pedrafita e unha primeira parte máis relaxada, os corredores subiron o alto de Sete Carballos, en primeiro lugar, e A Pitinidoira, en segundo. A partir de aí, a ruta curta ha accedido cara ao Alto do Cebreiro, mentres que os da longa subiron tamén Vilasol.

En canto ao ambiente e ás sensacións da carreira, a volta estivo poboada de afeccionados en todos os seus tramos, cunha acollida moi boa, e cun moi bo sabor de boca final grazas á calidade dos ciclistas e ao bo tempo, que fixeron da proba todo un espectáculo.

Os propios corredores destacaron a esixencia da proba, que foi máxima, e destacaron a satisfacción que dá o acabala e o participar nela. Sobre o ambiente, comentaron o éxito da mesma, e falaron da boa acollida, que se notaba no alento que daban os afeccionados aos ciclistas, moi implicados coa carreira.

En canto a resultados, na ruta longa, o máis rápido foi David Maio (4.21.48 horas) e a primeira muller en entrar en meta foi Barca Toba (5.38.00 horas). En canto ao medio fondo, o máis veloz foi o italiano Nicola Ciancaglini (3.14.26), e a primeira muller, Uxía Fernández García (4.20.32 horas). O mellor equipo da competición foi Monte Neme Calvo de Carballo.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios