Viveiro e Sarriana miran ao alto

O equipo mariñán imponse no derbi ao Lemos por un contundente 4-0 e leva pleno de puntos ►Os sarriáns logran un triunfo importante ante o Sofán ►O Residencia non pode co acerto do Noia ►Bo empate para o Foz e derrota nas Valgas para o Ribadeo
Un momento del duelo disputado en As Valgas. REC AUDIOVISUAL
photo_camera Un momento do duelo disputado nas Valgas. REC AUDIOVISUAL

A TERCEIRA XORNADA da liga de Autonómica Preferente deixa a un Viveiro que se mantén intratable como líder na categoría e tamén á Sarriana, que asoma na zona alta da clasificación tras gañar ao Sofán. O Foz, pola súa banda, arrincou un meritorio empate ante o Arteixo e o Residencia non puido superar a un poderoso e contundente Noia.

Cantarrana acollía o derbi lucense da xornada, un duelo que tiña moitos atractivos. Xa no terreo do xogo, o conxunto mariñán encargouse de evidenciar o seu bo momento de forma cunha gran primeira metade que lle serviu para irse ao descanso cunha vantaxe de tres goles. O Lemos, enfronte, non tivo resposta para conter a un Viveiro que aparece en todas as quinielas como gran candidato ao ascenso.

Outro conxunto que mira cara arriba é a Sarriana, que foi capaz de imporse pola mínima no campo do Sofán e asómase con 7 puntos na parte nobre. A solidez defensiva e o acerto nunha acción de ataque na segunda metade permitiu ao conxunto sarrián sumar os tres puntos.

Tamén foi de mérito o punto arrincado polo Foz na súa visita ao campo do Atlético Arteixo. Os focenses viñan con moral logo dos últimos resultados e competiron ben ante un bo rival.

Mentres, no campo da Cheda o Residencia perdeu de forma clara por 1-4 ante o Noia. Os lucenses estiveron ben nunha primeira metade que foi bastante igualada e así se chegou ao descanso con empate a un tanto. Desgraciadamente, a segunda parte foi realmente mala para os intereses do Residencia, que se atopou cun ciclón en ataque por parte do Noia e aí chegaron tres tantos que sentenciaron e deixan aos visitantes con mellores sensacións tras o seu anterior tropezo.

Non tivo sorte o Ribadeo que perdeu por 1-3 ante o San Tirso nun choque que supuña para os mariñáns a súa estrea como locais, aínda que neste caso no campo das Valgas. Logo dunha primeira parte sen tantos, o Ribadeo viuse superado na segunda metade e un 0-3 realmente contundente que supuxo maquillouse co gol de Martín.

Colaboraron nesta información a Axencia Deportiva Galega e José Ángel Díaz.

FICHA TÉCNICA
4 - Viveiro: Manu, Agustín, Alejandro, Prieto, Uriol, Iván, Castro, Jaime, Gerardo, Vicente y Meitín. También jugaron Xoel, Antón, Arturo y Julio Camba.
0 - Lemos: Ramón, Borja, Sergio, Adrián, Gonzalo, Castañer, Denis, César, Adrián, Borja y Sergio. También jugaron Brais, Roberto, Bruno y Hugo.
Goles: 1-0, m.5: Meitín. 2-0, m.17: Gerardo. 3-0, m.30: Gerardo. 4-0, m.90: Arturo.
Árbitro: Pedro Castro. Amonestó a Iván, Roberto y Sergio.
 
FICHA TÉCNICA
0 - Arteixo: Javier, Isaac, David, Francisco, Antonio, Fernando, Puga, Galvao, Angeriz, Brandariz y Daniel. También jugaron Pablo, Francisco y Alejandro.
0 - Foz: Manuel, Carreiras, Bouso, Bustelo, Cristian, Reigosa, Chao, Fraga, Burundarena, Adrián y Alejandro. También jugaron Daniel, Miguel y Méndez.
Árbitro: Alberto Rey. Amonestó a David, Bouso y Cristian.

 

FICHA TÉCNICA
1 - Residencia: Daniel, Bautista, Sergio, Esteban, Artai, Besteiro, Daniel, Veloso, Raposo, Rasilla y Adrián. También jugaron Daniel, Carlos, Alberto y Kevin.
4 - Noia: Alberto, Rendo, Juan, Queiruga, Hugo, Vilariño, Vidal, Eduardo, Manuel, Máximo y Pablo. También jugaron Juan, Angelo, Quintairos, Isaac y Jonathan.
Goles: 0-1, m.5: Queiruga. 1-1, m.44: Veloso. 1-2, m.50: Queiruga. 1-2, m.61: Queiruga. 1-2, m.79: Quintairos.
Árbitro: Diego Gándara. Amonestó a Souto, Carril y Vidal.

 

FICHA TÉCNICA
1 - Ribadeo: Carlos, Mario, José, Martín, Diego, Santiago, Hermida, Díaz, Aitor, Vizoso y Brais. También jugaron Manuel, Roi e Ismael.
3 - San Tirso: Diego, Daniel, Miguel, César, Guillermo, Roo, Rey, Varela, Daniel, Xian y Alejandro. También jugaron Manuel y Navia.
Goles: 0-1, m.49: Rey. 0-2, m.63: Miguel. 0-3, m.74: Xian. 1-3, m.76: Martín.
Árbitro: Álvaro Juncal. amonestó a Diego, Mario y José.

 

FICHA TÉCNICA
0 - Sofán: Alexandre, Daniel, Diego, Iván, Mallo, Díaz, José, Balsa, Raúl, Jacobo y Vidal. También jugó Brais.
1- Sarriana: Alex, Luis, José, Fernando, Jacobo, Omar, Héctor, Javier, Fraga, Hugo y Alberto. También jugaron Busi, Samuel y Álvaro.
Gol: 0-1, m.78: Fernando.
Árbitro: Alberto Quintans. Expulsó a Diego.
 

Comentarios