A segunda quenda de renovacións do Viveiro CF de face ao seu ingreso en Terceira División inclúe a tres canteiráns que son xa verdadeiras realidades dentro do primeiro equipo celeste tras xogar moitos minutos co primeiro equipo nas últimas tempadas. Trátase do central Uriol, o lateral Pablo Louzao e o mediapunta Rolle, que continuarán vestindo o elástica celeste polo menos unha tempada máis. Os tres xogadores estiveron acompañados por Luís do Río, máximo responsable deportivo do club.
Uriol Díaz foi avanzando en todas as categorías inferiores do Viveiro ata cumpir a etapa xuvenil. Na tempada 2018-19 consolidouse no centro da zaga xunto ao tamén canteirán Roi e a pasada tempada volveu ser indiscutible no posto de central, realizando unha campaña brillante e confirmando todas as expectativas que lle apuntan como o gran xefe da zaga celeste a pesar da súa mocidade.
Rolle tamén leva xa dous tempoadas formando parte do primeiro persoal, destacando pola súa calidade e o seu descaro na zona de ataque. Ten unha zurda maxistral, aínda que ás veces cústalle manter unha regularidade en todos os partidos.
Pablo Louzao viviu a súa primeira tempada tras pasar de xuvenís e fíxoo gozando de moitos minutos no posto de lateral.
Uriol, Pablo Louzao e Rolle únense no capítulo de renovacións aos tres capitáns do equipo, Álex Meitín, Xaime e Arturo.