jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O Vilalbés cede as súas instalacións no estadio Roca durante o confinamento

Materal a disposición dos usuarios. EP
Materal a disposición dos usuarios. EP
Aqueles que o precisen por motivos laborais terán acceso aos vestiarios e aseos do recinto deportivo

O Rácing Vilalbés pon a disposición de todos os transportistas, viaxantes, sanitarios e quen o necesite por motivos laborais, as súas instalacións no estadio Roca (vestiarios, aseos...).

Dito estadio está situado na avenida Terra Chá, xunto ao centro de saúde. O acceso aos vestiarios realizarase pola rúa Benxamín Paz.

O club chairego emitiu onte un comunicado para anuncialo no que deixa claro que fará todo o que estea nas súas mans para loitar contra o coronavirus.

"Tódalas persoas que formamos ou clube, xogadores, adestradores, delegados, socios, afeccionados, colaboradores, patrocinadores, etc, queremos agradecer a toda esa xente que está a traballar nestes complicados días tanto para superar a pandemia como para que nas nosas casas poidamos ter as nececidades básicas cubertas, a todos vós…….¡Moitas grazas!", sinala a nota.

O Vilalbés cede as súas instalacións no estadio Roca durante o...
Comentarios