Vallejo participará no Dakar 2019 cun SsangYong Rexton

O copiloto lucense, que repetirá con Óscar Fuertes, será o único galego en competición

O copiloto lucense Diego Vallejo e o piloto madrileño Óscar Fuertes presentaron estes martes en Madrid o seu novo proxecto para disputar o Rallye Dakar 2019. Farano ao volante do seu novo vehículo, o Ssangyong Rexton DKR.

"Xa nos coñecemos e sabemos o que nos espera alí. No Dakar nunca tes que confiarte porque te atrapa. Hai que ir sempre con prudencia", comenta Diego Vallejo.

Á hora de falar sobre obxectivos e formulacións de cara á proba, o copiloto lucense ten claro que o primeiro é terminar, e logo se se pode mellorar a posición. Hai que recordar que o pasado acabaron na trixésima posición e que Óscar Fuertes terminou segundo na categoría de pilotos debutantes.

"O primeiro obxectivo é acabar, e a partir de aí intentar mellorar a clasificación do ano pasado. O primordial é terminar a proba porque é unha competición dura", asegura.

Vallejo tómase a presenza no Dakar 2019 como un reto. "Sempre que fun terminei e fun mellorando a posición, internamente teño a esperanza de que podamos mellorar a campaña pasada", di.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios