Valentín: "Necesitaba saír do Dépor porque quería competir"

O novo lateral dereito do CD Lugo foi presentado e xa se adestrou cos seus compañeiros

Gerard Valentín. SEBAS SENANDE
photo_camera Gerard Valentín. SEBAS SENANDE

O lateral dereito Gerard Valentín, cedido polo RC Deportivo ao CD Lugo, afirmou na súa presentación como xogador branquivermello que "necesitaba saír" do equipo coruñés para ter noutro club os minutos que non tivo como branquiazul nin esta tempada nin a anterior.


"O Lugo era un destino que me convencía porque hai compañeiros do plantel que coñezo e necesitaba saír do Deportivo porque quería competir. Víame con poucas posibilidades de ter minutos, quería telos e este era un sitio que me gustaba", comentou o futbolista en rolda de prensa.

"Sinto coma se levase unha semana no equipo"

Nunha comparecencia na que estivo acompañado polo director deportivo, Emilio Viqueira, o xogador catalán indicou que no seu primeiro adestramento co Lugo sentiuse coma se "levase unha semana" no equipo.

Por el, estará a disposición do seu adestrador, Alberto Monteagudo, para o partido da próxima fin de semana co Málaga, aínda que precisou que dependerá "do tema administrativo" e da decisión do técnico.

Valentín revelou que o preparador branquivermello pediulle que o dea todo, "goce do fútbol outra vez e compita". Recoñeceu, ademais, que o xogo do conxunto lucense é un dos "aspectos que lle seducía" e que o convenceu para decidirse a fichar por el.

O lateral desexou "achegar o máximo ao club, competir e volver sentir as fins de semana o que é ter minutos".

Comentarios