Valentín e Carrillo seguen á marxe do grupo a dous días da visita ao Tenerife

O Lugo perde a Fernando Seoane para o vital duelo deste venres
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Carrillo, tras marcar ante o Numancia. XESÚS PONTE

Os xogadores do CD Lugo Gerard Valentín e José Ángel Carrillo adestráronse este mércores á marxe do grupo a dous días da visita ao Tenerife na penúltima xornada de Liga .

Valentín reponse dunha lesión que se produciu nos instantes finais do partido ante a Ponferradina, no que provocou o penalti que deu o triunfo ao seu equipo.

O futbolista cedido polo Deportivo ao Lugo xa non estivo a disposición do seu adestrador, Juanfran García, na seguinte cita do campionato, ante o Xirona (2-2), do mesmo xeito que Carrillo, que tamén se lesionou no Toralín.

Ante o Tenerife, Juanfran tampouco poderá contar por sanción co centrocampista Fernando Seoane, que cumpriu ciclo de amoestacións ante o Xirona.

En cambio, recupera ao dianteiro Manu Barreiro, que se perdeu a cita co Xirona por acumulación de cartóns amarelos. 

O Lugo xogarase boa parte do seu futuro este venres (21.00 horas) o campo do Tenerife antes de pechar a tempada o luns no Ángel Carro ante ao Mirandéa.

Comentarios