Úriz estará de baixa de seis a oito semanas

Alec Brown e Christian Díaz están tocados pero se espera que participen no partido do sábado en Badalona


 

Úriz entra a canasta en el partido ante el Obradoiro. X. CORTIZO (ACB PHOTO)
photo_camera Úriz entra a canastra no partido ante o Obradoiro. X. CORTIZO (ACB PHOTO)

O xogador do Cafés Candelas Breogán Ricardo Úriz estará de seis a oito semanas de baixa pola lesión muscular que sufriu a pasado fin de semana no encontro co Fuenlabrada, que deixou tocados a Alec Brown e a Christian Díaz.

O conxunto lucense explica no parte médico que as probas ás que foi sometido Úriz revelan unha lesión muscular de grao dous no aductor longo da súa perna dereita.

O xogador iniciou o tratamento de fisioterapia e, dependendo da evolución, o equipo médico estima un período de recuperación de entre seis e oito semanas.

En consecuencia, perderase os encontros co Divina Seguros Joventut, Barça Lassa, Movistar Estudiantes, Unicaja Málaga e Real Madrid, e será dúbida ante a Valencia Basket e o Iberostar Tenerife.

Se se cumpre a estimación de oito semanas, só poderá xogar os tres últimos partidos, ante o Herbalife Gran Canaria, o MoraBanc Andorra e o San Pablo Burgos.

No partido ante o Fuenlabrada tamén sufriron problemas físicos Alec Brown, cunha escordadura leve, e Christian Díaz, que presenta unha contusión na morna.

Os dous xogadores poderán traballar con relativa normalidade esta semana para participar no partido do sábado en Badalona, segundo apunta o parte médico.

Pola súa banda, o outro lesionado do persoal, Tadija Dragicevi, viaxou ao seu país, Serbia, onde estaba citado no consulado de España, para recibir o seu visado de estancia e traballo. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios