Uns cimentos sólidos

Lara disputa un balón con una jugadora del Móstoles. (AMA)
photo_camera Lara disputa un balón con una jugadora del Móstoles. (AMA)

O Burela FSF Pescados Rubén trata de realizar os seus últimos movementos para completar o persoal que intentará recuperar o trono da Primeira División feminina. A renovación de Lara, xa pechada, e a chegada de dúas xogadoras brasileiras procedentes do fútbol sala ruso, son as pezas que espera Quico Otero para acompañar o núcleo formado por Jozi, Peque, Maite e Bea Mateos, clave na resistencia ante o Atlético de Madrid na liga e na Copa.

A renovación de Lara supón unha gran noticia para o club laranxa despois do paso adiante que deu a xogadora vivariense a pasada tempada. A á-peche mariñá erixiuse nunha das revelacións da liga e incluso foi nomeada como unha das mellores no seu posto en todo o campionato. Lara mostrou unha solidez impropia dunha xogadora tan nova e erixiuse nunha da xogadoras clave para o técnico, Quico Otero, que depositou plena confianza nela desde a súa chegada ao banco.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios