Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

A Travesía de Foz, unha proba que non defrauda

Momento da competición. IRIA L.V.
Momento da competición. IRIA L.V.

O Cidade de Lugo roza o podio na clasificación final por clubs dentro da Travesía de Foz

O Club Cidade de Lugo rozou o podio ao acabar na cuarta posición na clasificación final por equipos dentro dunha nova edición da Travesía de Foz. A competición contou tamén cunha destacada participación por parte dos padeeiros da provincia, que conseguiron varias medallas, concretamente nove.

O Cidade de Lugo acabou a competición con 972 puntos, a só oito da terceira praza no podio que foi para o Club Naval de Pontevedra. O club Ría de Aldán fíxose coa vitoria, por diante do club As Torres; todo nunha actuación realmente boa porque hai moitos anos que ningún equipo da provincia estaba tan preto dos postos do podio.

Un dos grandes protagonistas da competición foi o lucense Bernardo Sánchez (Fluvial O Barco) que conseguiu a vitoria na categoría de sénior k-2 formando parella con Sergio Ruiz. Ademais, tamén sobresaíu a parella formada por Javier Illanes e Manuel Carreja (Viveiro), que se fixeron coa segunda posición na mesma categoría.

Tamén na categoría sénior, Alberto Pigueiras (Viveiro) fíxose coa segunda praza na modalidade de k-1. Xa na categoría xuvenil, a parella formada por Ramón Fernández e Iago Novo Andrade (Cidade de Lugo) conseguiron a segunda posición na modalidade de k-2.

Xa na categoría cadete, Ignacio González Matilla (Fluvial de Lugo) logrou a terceira posición na modalidade de k-1, mentres que hai que destacar o dobre conseguido na proba reina de k-2. Aí, Samuel Quiroga e Julián Jorge Massagues (Fluvial de Lugo) foron segundos; e Adrián Neira e Abatu Vázquez (Fluvial de Lugo) finalizaron terceiros. Finalmente, na categoría de veteranos tamén chegaron dúas medallas máis para a representación lucense. Francisco Vázquez (Fluvial de Lugo) foi terceiro na modalidade de k-1; mentres que a parella formada por Marcos Illanes e Francisco Pigueiras (Viveiro) logrou a vitoria na modalidade de k-2.

ROZANDO O PODIO. Tamén estiveron cerca do podio, os lucenses Manuel Devesa e José Manuel Jubón (Cidade de Lugo), que foron cuartos na modalidade de k-2 veteranos e José Ramón Estévez (Fluvial de Lugo), que terminou quinto na modalidade de sénior k-1.

No que se refire á representación feminina, as lucenses estiveron moi preto de podio en varias disciplinas. Así, Sabela Martínez e Jessica Penela (Cidade de Lugo) foron cuartas na modalida de sénior k-2; igual que Alicia López Sánchez (Cidade de Lugo) na modalidade de sénior k-1 e Enma Devesa e Marta Rodríguez (Cidade de Lugo) na modalidade de cadete k-2.

Por outra banda, este domingo finaliza unha nova edición da liga provincial de piraguismo e faio cunha proba que se vai a disputar en Foz desde as 16.30 horas. Os equipos loitarán esta tarde por acabar o mellor posible unha competición xa moi asentada no calendario e que nesta ocasión pode ter a noticia máis destacada no feito de que o club Cidade de Lugo fágase coa vitoria final e romper a hexemonía do Fluvial.

A Travesía de Foz, unha proba que non defrauda
Comentarios