Unhas cen persoas surfean pese ao mal tempo en Lóngara

Participantes en la sesión matinal en Lóngara, en foto difundida por la Diputación
photo_camera Participantes en la sesión matinal en Lóngara, en foto difundida por la Diputación

Unhas 100 persoas surfearon este sábado na praia barreirense de Lóngara, a pesar do mal tempo, dentro da segunda xornada do Surf Camp, iniciativa promovida pola Deputación de Lugo.

Na xornada deste sábado, dende primeira hora da mañá, xente dende os 7 ata os 47 anos, atrevéronse a entrar no mar para aprender cales son as técnicas deste deporte, que cada vez ten un maior número de afeccionados.

A Deputación destaca que o Surf Camp é a unica actividade que hai en España na que se pode  aprender de xeito completamente gratuíto cales son os segredos deste deporte da man da élite europea do surf. Este feito sorprendeu, segundo o ente provincial, a Aitor Francesena, exseleccionador nacional e actualmente adestrador de Aritz Aramburu, un dos maiores e máis laureados surfistas en todo o mundo, quen destacou que "a calidade das ondas, grandes e longas; xunto coa escasa masificación das praias da Mariña, converten á costa de Lugo nunha das mellores zonas, por non dicir a mellor, para practicar este deporte".

As actividades desta cuarta edición do Surf Camp continúan este sábado pola tarde e rematan este domingo.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios