Un valor seguro

A padeeira lucense Tania Fernández revalidou o seu título na proba de k-1 5.000 metros dentro do campionato de España que comezou o sábado 20 de marzo nas instalacións do Complexo La Cartuja en Sevilla.

Tania Fernández completou unha excepcional proba e cumpriu cos prognósticos que a situaban como favorita para conseguir o triunfo. A lucense completa así unha traxectoria realmente increible nesta proba xa que acumula de modo consecutivo tres títulos nacionais, e é que hai dous anos impúxose cando competía na categoría cadete e o ano pasado xa conquistou dita proba na súa estrea na categoría xuvenil.

A proba tivo o desenvolvemento máis favorable e desexado para os intereses da padeeira lucense. Así, Tania Fernández soubo esperar o seu momento para dar o golpe decisivo e alcanzar a meta cun rexistro de 23.05 minutos, cunha vantaxe de dez segundos respecto da súa inmediata perseguidora.

A proba comezou cun ritmo moi elevado e tivo unha saída realmente explosiva, algo que lle interesaba especialmente á balear Elena Monléon, unha das grandes rivais de Tania Fernández e que conta cun esprint moi notable. Ao paso polos 1.500 metros Tania Fernández tomou a dianteira e comezou a marcar un grupo xunto a un grupo de catro integrantes. A partir dos 3.000 metros, a padeeira lucense foise xa en solitario ante a impotencia dos seus rivais, incapaces de seguir o ritmo marcado por Tania Fernández, que chegou a meta cunha vantaxe notable e cuxa exhibición foi recoñecida por todo o público asistente.

Por detrás de Tania Fernández situáronse a astuariana Silvia Fernández, cunha marca de 23.15 minutos, e a balear Elena Monleón, terceira clasificada cunha marca de 23.18 minutos. Ambas lle acompañaron no podio.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios