Un soño que se fai realidade

ADE2101P71F1.JPG
photo_camera ADE2101P71F1.JPG

Son as persoas como el as que posibilitan a procura dos propios límites. Unha aventura tan seria como plena de responsabilidade. Esta selección natural fai que as aptitudes dos campións salgan a relucir nos momentos de maior tensión. As calidades innatas de Adrián Maside Fernández para a práctica deportiva non tardaron en dar a badalada.

O xogador do club Dez Portas de Lugo proclamouse campión de España júnior de tenis de mesa para discapacitados intelectuais en categoría de dobres e subcampión en individuais nun torneo que albergou Pontevedra.

O deportista, de 17 anos, chegou á ribeira do Lérez coa bitola de novato. Nin tan sequera o seu propio adestrador, o arxentino Óscar Roitman, poderían imaxinarse un desenlace tan inesperado como esperanzador tan só logo de ano e medio de práctica coa pa. «Foi unha gran sorpresa para todos, ninguén se cría que o puidese facer tan ben na súa primeira competición, e encima nun campionato de España», agrega.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios