Un ouro incontestable

Paco VazquezELP2009P73F1.JPG
photo_camera Paco VazquezELP2009P73F1.JPG

Non hai quen poida con Páco Vázquez. O padeeiro lucense fixo bos os prognósticos no Mundial de piragüismo de maratón e fíxose coa medalla de ouro na modalidade de k-1 de 50 a 54 anos logo dunha regata disputada a temperaturas moi baixas en Copenhague. A incontestable vitoria de Paco Vázquez nunha cita infestada de figuras e cunha participación numerosa permítelle unir nunha mesma tempada o título mundial e o de campión dos Xogos Máster, disputados en Turín o pasado mes de agosto.

Paco Vázquez, que opta ás medallas hoxe na proba de k-2 xunto ao tamén lucense Alberto Campos, completou o percorrido de 21,5 quilómetros de que constaba a regata nun tempo de 1.40.35 horas, sete segundos menos que o segundo clasificado, o alemán e subcampión olímpico Thomas Kittner. Vázquez avantaxou en 1.24 minutos ao terceiro clasificado, o noruegués Anders Winther Andersen.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios