Un monfortino de Champions

ELP1104P68F1.JPG
photo_camera ELP1104P68F1.JPG

O porteiro monfortino do Real Madrid Sergio Cabanelas disputa desde hoxe no Colovray Stadium de Nyon, en Suíza, a primeira final a catro da Uefa Youth League, a versión para xuvenís da liga de Campións, en cuxas semifinais tamén está o primeiro equipo da entidade branca, o único con presenza nos dous torneos nestas roldas finais. O conxunto madridista comparte cartel co FC Barcelona, o Benfica portugués e o Schalke 04 alemán.

Na primeira semifinal o Real Madrid enfróntase (13.00 horas) co cadro portugués, mentres que os azulgranas veránseas cos futbolistas do conxunto xermano a partir das 16.30.

O ex xogador do Calasancio, de 18 anos, móstrase moi satisfeito coa súa presenza na final a catro de Nyon. O Madrid xuvenil plántase na final a catro da Champions para xuvenís logo de conseguir o titulo de campión da liga. A bo seguro que a Cabanelas e os seus compañeiros gustaralles xogar a final e se é fronte ao Barcelona mellor. Se así sucede, a final continental entre os equipos xuvenís sería un anticipo da de Copa do Rei que van disputar os maiores o vindeiro mércores 16 no estadio valenciano de Mestalla.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios