O Ucoga Seguros Chantada refórzase co versátil Adrián López

Procede do Santurtzi e antes militou no Estudantes de Lugo
EjBbenYXsAAvySJ

O Ucoga Seguros Chantada refórzase coa chegada do versátil Adrián López, que procede do Santurtzi, co que disputou a pasada Liga EBA.

O novo xogador do cadro chantadés asinou a pasada campaña unha media de 13.34 minutos por partido, nos que promedió 3,6 puntos e 2,4 rebotes.

Antes de xogar no Santurtzi defendeu durante tres campañas a camiseta do Estudantes de Lugo. Na 2018-19 asinou os seus mellores números, cunha media de 10.6 puntos e 4,8 rebotes.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios