domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Tyson Pérez, da Pista Roja lucense á selección española de baloncesto

Tyson Pérez, nun partido co Andorra. EFE
Tyson Pérez, nun partido co Andorra. EFE
O xogador dominicano, cun estreito vínculo con Lugo, é convocado por Scariolo para a fase de clasificación do Eurobásket 2021

Poucos ascensos tan meteóricos no baloncesto español como o protagonizado por José Miguel Pérez Balbuena, máis coñecido como Tyson Pérez, que acaba de ser convocado por Sergio Scariolo, seleccionador nacional, para os primeiros partidos de clasificación para o Eurobásket 2021.

Tyson Pérez (24 anos, 2,02 metros) chegou a España na tempada 2015-16 para militar no Santo Domingo Betanzos da liga EBA. Dada a proximidade con Lugo, estableceu amizades na cidade da muralla dentro do ámbito do baloncesto. Como mostra sirva a súa triunfo no concurso de mates da primeira edición do Torneo da Pista Pista, o berce do baloncesto callejeor lucnese, un evento no que participaron xogadores da talla de Sergi Quintela, o seu irmán Érik, Charles Nkaloulou, Gullit Mukendi, Guillermo Pereiro ou Mateo Sánchez.

Tras o seu paso polo Betanzos, Tyson Pérez pasou a militar no Eurocolegio Casvi, onde cuns espectaculares números (19,1 puntos e 10,9 rebotes) deixou ao seu equipo ás portas do ascenso. O seu alto nivel chamou a atención do histórico Real Canoe de LEB Prata. Con 18,5 puntos e 12,9 rebotes axudou aos madrileños a ascender á segunda categoría do baloncesto español.

E o seu debut na LEB Ouro non puido ser mellor, xa que cunha media de 16 puntos e 10.9 rebotes converteuse no MVP da liga, o que lle serviu para ser fichado polo Andorra. No seu debut na máxima categoría do baloncesto español promedia en pista 15,12 minutos cunha media de 5,9 puntos (51,8%) e 5,3 rebotes.

Tyson Pérez realiza un mate. XESÚS PoncheTyson Pérez é un dos tres xogadores que se estrearán coa camiseta da selección. Os outros dous son Rubén Guerreiro (Unicaja), Osas Ehigitor (Montakit Fuenlabrada). España disputará dous partidos nesta primeira fiestra da fase de clasificación para o Eurobasket 2021. Enfrontarase a Romanía en Cluj Napoca (xoves, 20 de febreiro) e a Polonia en Zaragoza (domingo, 23). Xavi Rabaseda e Javier Beirán formaron parte do equipo que se proclamou campión do mundo o pasado verán en Pequín. Como sucedeu o ano pasado, non figura ningún xogador que dispute a NBA ou a Euroliga.

A selección iniciará a concentración o luns 17 de febreiro ao mediodía en Guadalaxara, en cuxo Pavillón Multiusos Augas Vivas realizará as súas tres primeiros adestramentos (luns tarde e martes mañá e tarde) antes de voar o mércores 19 rumbo a Romanía. 

Convocatoria para a primeira fiestra do Eurobásket 2021

Carlos Alocén (Zaragoza) Víctor Arteaga (Estudantes)
Johathan Barreiro (Zaragoza) Javier Beirán (Gran Canaria)
Darío Brizuela (Unicaja) Alberto Díaz (Unicaja)
Dani Díez (Tenerife) Osas Ehigitor (Fuenlabrada)
Jaime Fernández (Unicaja) Rubén Guerreiro (Unicaja)
Nacho Llovet (Andorra) Xabi López Arostegui (Joventut)
Tyson Pérez (Andorra) Xavi Rabaseda (Gran Canaria)
Sebas Saiz (Shibuya) Rodrigo San Miguel (Zaragoza)
Santi Yusta (Tenerife) Adestrador: Sergio Scariolo

 

Tyson Pérez, da Pista Roja lucense á selección española de baloncesto
Comentarios