Trece medallas máis para Lourenzá e Mondoñedo

Grupo de atletas de Lourenzá y Mondoñedo desplazados a Rábade. (Foto: AMA)
photo_camera Grupo de atletas de Lourenzá y Mondoñedo desplazados a Rábade. (Foto: AMA)

A sección de atletismo de Lourenzá e Mondoñedo volveu vivir un fin de semana repleto de éxitos grazas á súa participación nas carreiras de Rábade e Trevías (Asturias), recollendo un botín total de trece medallas entre as dúas probas.

A participación mariñá en Rábade foi moi nutrida e obtivo excelentes resultados, sobre todo nas categorías de base. O balance final foi de once medallas, dúas delas de ouro, cinco de prata e catro de bronce, todas elas nas carreiras para menores.

Siro Maseda foi o mellor mariñán en Asturias

O laurentino Siro Maseda foi o primeiro mariñán na proba disputada na localidade asturiana de Trevías. O atleta ocupou o posto 34. Pero non foi o único mariñán que participou na proba da localidade asturiana. José Joaquín Rodríguez Villamil, do Club Ciclista Eo, de Ribadeo, do mesmo xeito que Maseda ocupou a posición 54 na clasificación final cun tempo de 37.59. Pedro Esmorís, do AD San Roque, de Viveiro, coouse tamén entre os setenta primeiros, ocupando o posto 69 da clasificación final cun tempo de 39.08.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios