Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Un total de 46 pilotos compiten no Tiral Cidade de Lugo

A proba disputouse na mañá deste domingo despois de que o sábado celebrásese unha xornada de adestramentos libres

Un total de 46 pilotos participan este domingo na cuarta edición do Trial Cidade de Lugo, que se celebra na área de San Cibrao, enfronte ao Hula e é puntuable para os campionatos galego (quinta proba) e asturiano.

Os participantes chegaron o sábado ao circuíto para visitar a zona de competición e empezar o fin de semana cos adestramentos libres.

A proba iniciouse o domingo á primeira hora da mañá, sobre as 9.00 horas, nas categorías de TR1 (con participación de catro pilotos, entre outros os mundialistas Pablo Jambrina e Martín Riobó); TR2, con seis corredores, entre eles o lucense Yago Armesto, un habitual do Nacional de trial; TR3, con 11 inscritos; TR4, con 13; TR5, con 5; xuvenil, con outros 5, e alevín, na que participaron tres novos pilotos.

O trial está formado por oito zonas con tres voltas cun percorrido duns tres quilómetros por volta.

A xornada do domingo transcorreu no medio dun gran ambiente e con numeroso público, que destacou tanto a organización como a vistosidade das diferentes zonas.

Un total de 46 pilotos compiten no Tiral Cidade de Lugo
Comentarios