O Lugo pecha a incorporación do dianteiro Toni Martínez

 

Defenderá a camiseta branquivermella ata o 30 de xuño en calidade de cedido

Toni Martínez. @CDeportivoLugo
photo_camera Toni Martínez. AEP

O CD Lugo pechou este venres a incorporación do dianteiro do West Ham United inglés Toni Martínez, que militou esta tempada no Rayo Majadahonda, equipo que, como o galego, xoga en LaLiga 1/2/3. O equipo lucense explica na súa web que o atacante de San Benito defenderá a camiseta branquivermella ata o 30 de xuño en calidade de cedido.

A presentación do novo dianteiro do Lugo celebrarase o 21 de xaneiro ás 13.00 horas.

Toni Martínez disputou esta tempada 17 encontros co Raio Majadahonda e achegou dous goles ao conxunto madrileño. O xogador murciano formouse na canteira do Valencia e militou no West Ham e o Valladolid antes de recalar no Rayo Majadahonda.

Este xoves, o adestrador do Lugo, Alberto Monteagudo, recoñecera que era unha "opción interesante" para o equipo galego. Ata agora, o Lugo pechou no mercado invernal as contratacións de Toni Martínez e o lateral Gerard Valentín, rescindiu o contrato de Jona Mejía e traspasou a Vasyl Kravets (Leganés) e Bernardo Cruz (Selecta). 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios