Tempo de recuperar terreo

Los jugadores del Breogán celebran la victoria ante el Ourense. (Foto. Sebas Senande)
photo_camera Los jugadores del Breogán celebran la victoria ante el Ourense. (Foto. Sebas Senande)

Logo da brillante vitoria do pasado fin de semana no derbi ante o Ourense, o Breogán Ribeira Sacra prepárase agora para un tramo de calendario da LEB Ouro que lle ofrece a posibilidade de achegarse á segunda e a terceira praza da clasificación, tendo en conta que o Andorra xa tomou velocidade de cruceiro e está moi asentado no liderado.

Os lucenses teñen que visitar o sábado a cancha do Huesca, un conxunto que pelexa por eses postos de play off e que mellorou nas últimas xornadas as súas prestacións, e logo afrontará un dobre compromiso de forma consecutiva no Pazo dos Deportes de Lugo, fronte áo Cociñas.com e o Navarra. Estes tres partidos poden supor unha excelente oportunidade de crecer na clasificación para un Breogán que xa se mediu na segunda volta cos equipos que ocupan os primeiros postos, a excepción do Palencia, que tamén debe visitar o Pazo dentro dunhas semanas.

ENFERMERÍA
Palsson só sofre unha contusión

O Breogán comezou onte os adestramentos da semana e fíxoo coa boa noticia da participación de Haukur Palsson. O islandés sufriu un golpe nun dos seus xeonllos durante a segunda metade do partido ante o Ourense e xa non puido volver á pista. Con todo, todo queda, logo das probas, nunha simple contusión e incluso puido adestrarse onte con normalidade e ás ordes de Lisardo Gómez. 

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios