Tempo de colleita

Patricia González, Pablo Valcarce y Uxía García, del CN Monforte. (Foto: T. Parga)
photo_camera Patricia González, Pablo Valcarce y Uxía García, del CN Monforte. (Foto: T. Parga)

Nada menos que vinte e tres medallas conquistaron en total entre os representantes do Club Natación Monforte e o Fluvial de Lugo no campionato de Galicia das categorías infantil e júnior de natación, celebrado o pasado fin de semana en Ourense. Catro desas medallas foron de ouro, dúas por equipo, e por separado o CN Monforte conquistou quince (dúas de ouro, cinco de prata e oito de bronce) e o Fluvial oito (dúas de ouro, cinco de prata e unha de bronce).

As medallas de ouro por parte do CN Monforte correron a cargo de Patricia González, campioa na proba de 200 metros costas, e o equipo de substitucións 4x100 metros estilos. Borja Álvarez deu ao Fluvial as súas dúas medallas de ouro neste campionato ao imporse nas finais de 50 metros costas e 400 libre. Tamén se fixo cunha medalla de prata, en 100 metros costas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios