jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Talento e calidade para afrontar a tempada no Areal Emevé

undefined
Bibi Bouza, Darlevis Mosqueda, Mariana Capovilla, Rubén Gil y Luca Biliato. SEBAS SENANDE
O club lucense presentou a tres alicerces para o seu proxecto masculino e feminino: Luca Biliato, Darlevis Mosquera e Mariana Capovilla

Talento para o Areal Emevé. Calidade para afrontar unha tempada que quere ser histórica na elite masculina e feminina e seguir crecendo no voleibol español. O club lucense, que vén de proclamarse campión da Copa Galicia nas dúas categorías, presentou, na sede do Grupo Ditram, a tres reforzos, Luca Biliato, Darlevis Mosquera e Mariana Capovilla, para a 2021-2022.

O receptor arxentino formará parte do grupo que dirixe Diego Taboada na Superliga masculina logo de gañar a Liga e a Copa co Guaguas canario. "Presentáronme un proxecto interesante, que foi o que me empuxou a vir. No mundo do voleibol fálase moi ben desta directiva, do adestrador... A verdade que estou moi contento", declarou Biliato.

"Vingo dun equipo no que era dos máis novos e en cambio aquí serei un dos veteranos. Estou motivado porque, aínda que é un equipo bastante mozo, estamos moi unidos", abundou o arxentino.

En canto aos reforzos do Emevé feminino, Mariana Capovilla, quen estará ás ordes de José Vale na liga Iberdrola, dixo que a calve para a súa chegada foi "a confianza, o respecto e o agarimo que me transmitiron durante todo o proceso ata que cheguei, como tamén o recibimento que me deron".

"Vexo ao noso equipo como unha gran familia: facemos todo xuntas, existe moita comunicación e temos un gran ambiente", engadiu a experimentada xogadora brasileira.

Na mesma liña de agradecemento mostrouse Darlevis Mosquera. "Acabo de chegar, pero estou moi feliz porque non me esperaba un recibimento así, único. O proxecto vese que avanza cara a un camiño positivo. Imos dar o mellor de nós", subliñou a colombiana.

Talento e calidade para afrontar a tempada no Areal Emevé
comentarios