Sulejmanovic volve ao Breogán cedido polo Fuenlabrada

O xogador foi un dos protagonistas do ascenso do Breogán á ACB na última campaña

Emir Sulejmanovic. SEBAS SENANDE
photo_camera Emir Sulejmanovic. SEBAS SENANDE

O Cafés Candelas Breogán anunciou este mércores o regreso ao seu persoal do pivote bosníaco Emir Sulejmanovic, que esta vez defenderá a camiseta do conxunto lucense na liga Endesa.

Sulejmanovic foi un dos protagonistas do ascenso do Breogán á ACB na última campaña, na que disputou 26 partidos e promediou 11,4 puntos e 6,7 rebotes.

O xogador bosníaco, que ten pasaporte finlandés, iniciará unha nova etapa en Lugo cedido novamente polo Montakit Fuenlabrada, ao que regresara na recta final do curso pasado.

O Breogán destaca que a “contribución e o traballo” que ofreceu “na pista e fóra dela convertérono nun dos xogadores referentes da afección breoganista”.

Comentarios