''Son dos que cren que o traballo duro sempre ten unha recompensa''

Foto: PEPE TEJERO
photo_camera Foto: PEPE TEJERO

O vilalbés José Cuba acadou un novo ouro, e xa van doce, no campionato de España de loita libre

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Non considero o deporte da loita un traballo, e outro como tal non teño.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Seguramente ao mesmo.

3. O soño que máis se repite é...

Os meus soños cambiaron moito nos últimos tempos.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Algo sempre, pero son dos que miran cara adiante.

5. ¿A quen admira?

A moita xente, por exemplo, e sen ir máis lonxe, ao meu adestrador, Iván Castro.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Creo que non me arrepinto de nada. Seguramente fixen moitas cousas mal, pero de todo se aprende.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Non lle vexo o beneficio a facelo.Coido que neste país dicir iso ten máis contras que pros, e é unha mágoa que sexa así.

9. ¿Que cita subscribiría?

Unha que diga que o traballo duro sempre ten recompensa.

10. ¿Que coche ten?

Un Nissan Qashqai.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Os meus caprichos non adoitan ser caros, pero seguramente o que máis custou foi algunha prenda deportiva.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Os bens máis prezados para min non son materiais e, dos outros, a familia sería o máis importante de todos.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Pois agora mesmo non lembro ningunha.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Creo que non.

15. ¿Teñen algún pacto?

Non.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Os apuntes da oposición que estou preparando.

18. Non sae da casa sen...

¡As chaves!

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Iso vai depender da persoa que os cometa.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

Auga.

21. Pérdeo un bo...

Chuletón de boi.

22. Unha prenda que desteste.

Coido que non hai ningunha en especial.

23. As súas mellores vacacións foron...

En Tailandia.

24. A súa viaxe soñada sería a...

A ningún lugar en especial. Gústanme as viaxes e pásoo ben en todas.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Definitivamente, quédome coas de Galicia, as mellores que vin polo de agora. As de Asturias tamén están ben, pero prefiro as nosas.

26. ¿E a súa materia pendente?

Moitas: aprobar a oposición, acudir a competir aos próximos Xogos Olímpicos...

«CAMBIO PAÑAIS MOI A GUSTO»

1. Acaba de gañar a súa duodécima medalla de ouro no Campionato de España de Loitas Olímpicas. ¿Que fai con tanto ouro?

[Ri] Teño tódalas medallas encadradas, un agasallo que me fixo a miña muller.

2. E tamén vén de aprobar os primeiros exames da oposición que está preparando. ¿E deses que conseguen todo o que se propoñen?

E difícil conseguir todo o que un quere. É verdade que eu conseguín moitas cousas que me propuxen, pero tamén houbo outras que non. O traballo e o sacrifizo son o máis importante e, se realmente queres algo e loitas por iso, tes moitas posibilidades de conseguilo. Logo, se non se acada, quédache a tranquilidade de ter feito todo o que estivo nas túas mans, non tes nada que reprocharte a ti mesmo.

3. ¿Cal é a súa seguinte meta?

¡Aprobar a oposición! Por agora só superei un exame...

4. Adestrar, estudar ou cambiar pañais (acaba de ser pai), ¿que é máis complicado?

Fago as tres cousas con gusto, aínda que a máis complicada quizais sexa estudiar e a máis sinxela. cambiar pañais.

Comentarios