Sintonía permanente

A presidenta do Progreso e o presidente do Río Breogán renovan o convenio de colaboración nun momento marcado polo regreso á normalidade tras a pandemia
Blanca García Montenegro y José Antonio Caneda. XESÚS PONTE
photo_camera Blanca García Montenegro y José Antonio Caneda. XESÚS PONTE

El Progreso e o Río Breogán renovaron este venres o convenio de colaboración entre ambas as entidades no que se converteu xa nun clásico entre dous institucións que son inequivocamente lucenses

Na firma do convenio participaron a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro; e o presidente do Río Breogán, José Antonio Caneda. Ambos reiteraron a satisfacción por manter este acordo entre dúas entidades moi próximas e que colaboraron e colaboran para a promoción e fomento do deporte, achegando aos lucenses toda a información sobre un equipo que é todo un símbolo na provincia.

Logo da incerteza xerada pola crise sanitaria, tanto Blanca García Montenegro como José Antonio Caneda mostráronse felices polo feito de que xa pode acudir público ao pavillón no que supón todo un avance cara á normalidade e é que o ambiente que se crea no Pazo dos Deportes de Lugo durante os partidos do Río Breogán sempre é especial, coas bancadas practicamente cheas de público.

Alegrámonos moito coas vitorias do Breogán e foi un inicio de tempada espectacular

Este convenio de colaboración asínase, ademais, nunha semana que é realmente especial para o conxunto lucense, xa que este domingo xogará no Pazo o Real Madrid, un dos mellores equipos do continente e que xera moita expectación ao redor

De feito, a presidenta do Progreso destacou o entusiasmo e as ganas que se perciben na xente nestes días e incluso que ela mesma se atopa "emocionada". Mentres, José Antonio Caneda chanceou acerca da cantidade de peticións que lle están chegando porque a xente quere acudir a este partido.

Estamos encantados de seguir outro ano xuntos e é ademais un momento feliz coa volta do público ao Pazo

Blanca García Montenegro mostrouse "encantada" pola renovación do convenio e tamén felicitou ao club lucense por un inicio de tempada tan espectacular, con xa tres vitorias nas cinco primeiras xornadas, á vez que destacou todos os valores e o que representa o club nunha cidade que é moi de baloncesto desde sempre, como é Lugo.

Pola súa banda, José Antonio Caneda destacou, a modo de anécdota, como na súa visita a Málaga co equipo a pasada semana, os directivos do club andaluz dixéronlle que seguían a información do Río Breogán a través de El Progreso, e reiterou que o obxectivo da entidade é que a travesía por esta categoría sexa por moitos anos. "É un pracer estar aquí de novo, estamos encantados de manter esta colaboración e a verdade é que o comezo é para gozalo", sinalou.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios