Sen medo ao campión

Iago Míguez protege el balón ante un rival (Foto: AMA)
photo_camera Iago Míguez protege el balón ante un rival (Foto: AMA)

O último campión de Liga e da Copa de España, o FC Barcelona, chega mañá ao pavillón Vista Alegre para verse as caras co último clasificado da Primeira División, o Burela FS. Aínda que os números din que os cataláns son ultrafavoritos para sumar os tres puntos en xogo, os futbolistas mariñáns non están dispostos a aceptar os prognósticos sen vender moi cara a súa pel.

O conxunto laranxa preséntase no partido cunha única novidade, pero de gran calado, xa que Juanlu Alonso debutará no banco tras tomar a substitución de Xullo Delgado. A á Iago Míguez, un dos futbolistas laranxas máis destacados nas xornadas precedentes ao parón pola Copa de España, fala da chegada ao equipo do novo técnico e do traballo realizado desde entón. «Foi un cambio que nos colleu bastante por sorpresa, pero imos seguir traballando do mesmo xeito. A semana foi bastante boa e, sobre todo, moi intensa. Juanlu non fixo cambios drásticos, pero lóxicamente vai impoñendo pinceladas do que quere variar para que pouco a pouco vaiamos collendo os novos conceptos», manifestou.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios