Setién convoca a Aganzo e Plá e prescinde de Valle para recibir ao Zaragoza

zaragoza+lugo.jpg
photo_camera zaragoza+lugo.jpg

O regreso de David Aganzo a unha convocatoria é unha dos aspectos reseñables da lista de xogadores citados polo adestrador do CD Lugo, Quique Setién, para o partido deste domingo contra o Zaragoza. Jonatan Valle tampouco figura na convocatoria, ao considerar o corpo técnico que aínda non está recuperado do todo da súa lesión, e, en cambio, Lolo Coronado Plá si que é citado, a pesar da aparatosa lesión sufrida a pasada semana en Barcelona.

Na lista que fixo pública este sábado o CD Lugo tampouco figuran o central Víctor Marco, o mediocentro Pelayo Novo e o extremo zurdo Ernesto, polas súas respectivas lesións. Outra ausencia, tamén por decisión técnica, é a de Dani Pedrosa, que este fin de semana volve xogar co equipo xuvenil de División de Honra.

Antes do partido, previsto para as 18.15 deste domingo no Ángel Carro (La Sexta TV), o corpo técnico aínda fará un descarte máis.

Os convocados son José Juan e Dani Mallo, para a portería; David de Coz e Albert Dalmau, Lolo Pavón, Borja Gómez e Jon García, e Manu e Samuel de los Reyes, para a defensa;  Fernando Seoane e Carlos Pita, e Álvaro Peña, para o centro do campo; Iriome, Iago Díaz e David Ferreiro e David López, para os extremos, e David Aganzo, Lolo Coronado Plá e Luís Fernández, para a dianteira.

Comentarios