Sergio Gil afástase do Lugo e podería asinar polo Huesca

O conxunto blanquivermello terá que acudir ao mercado para reforzar esa posición

Sergio Gil. AEP
photo_camera Sergio Gil. AEP

A presenza de Sergio Gil no plantel do Lugo para a tempada que vén complícase. A renovación do xogador aragonés, desexada polo club e o técnico, Eloy Jiménez, parece afastada tras a irrupción de varios equipos interesados no mediocentro, sobre todo o Huesca.

O conxunto altoaragonés parece o mellor encamiñado para incorporar ao zaragozano, xa que lle ofrecería mellores condicións que o Lugo e a posibilidade de estar preto de casa.

Outra dos elementos favorables para que a chegada de Gil ao Huesca sería a presenza de Dani Escriche no conxunto oscense. A boa relación entre ambos tamén podería achegar a Gil ao Huesca.

A non renovación do mediocentro nacido en Zaragoza hai 23 anos obrigará ao Lugo a acudir ao mercado para incorporar a outro xogador na súa posición.

Nese lugar do campo só conta na actualidade cos sempiternos Carlos Pita e Fernando Seoane, despois de que o galego Hugo Rama se lesionase de gravidade, polo que será baixa durante uns nove meses.