Sergi Vidal sofre unha lesión de menisco

Estará de baixa durante as próximas semanas

Sergi Vidal controla el balón. MEDIA CENTER ACB (Cafés Candelas Breogán)
photo_camera Sergi Vidal controla o balón. MEDIA CENTER ACB (Cafés Candeas Breogán)

O xogador do Cafés Candelas Breogán, Sergi Vidal, presenta unha lesión de menisco que o manterá de baixa as próximas semanas e impediralle xogar o vindeiro domingo unha cita clave pola permanencia ante o Movistar Estudiantes.

As lesións non dan tregua ao conxunto galego, minguárono desde a pretempada e á enfermería sumouse agora o escolta de Badalona. O pasado domingo, Vidal retirouse do encontro co Barcelona con molestias na articulación e, tras as probas médicas ás que foi sometido, diagnosticóuselle unha rotura do menisco interno.

O Breogán non especificou o tempo estimado de baixa para o xogador catalán, que pasará máis probas para valorar o tratamento máis adecuado para a súa recuperación.

Ante o Barcelona non puideron xogar por lesión Salva Arco e Aleksandar Cvetkovic e na enfermería tamén están Tadija Dragicevic, Ricardo Úriz e Henk Norel, que segue a súa posta a piques da grave lesión de xeonllo da que foi intervido en setembro.

O pivote reapareceu na xornada 24, o pasado 24 de marzo, ante o Montakit Fuenlabrada, pero evidenciou que necesita máis tempo para competir en condicións.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios