Sergi Quintela considera que o liderado é "máis anecdótico que outra cousa"

O Breogán ten por diante "dous partidos esixentes en catro días" ante o Burgos e o Barcelona, como visitantes
Sergi Quintela y Tito Díaz. ADRA PALLÓN
photo_camera Sergi Quintela e Tito Díaz. ADRA PALLÓN

Sergi Quintela, no Pazo. ADRA PALLÓNSergi Quintela, xogador do Río Breogán, considerou que o liderado do equipo galego na liga Endesa é "máis anecdótico que outra cousa" logo de sorprender na primeira xornada cun contundente 92-73 ante o Lenovo Tenerife no partido de volta dos lucenses á máxima categoría.

"Ninguén se esperaba unha vitoria tan avultada, pero a pretemporada foi esixente. O equipo estaba a entender o que quería Paco (Olmos) e o traballo de scouting, o que querían, saíu á perfección", comentou na rolda de prensa en que se presentou a súa renovación, na sede dun dos patrocinadores do club, García Rielo.

Quintela, que comparte vestiario co seu irmán Erik, indicou que o Breogán leva o liderado "cos pés na terra" e precisou que "máis que outra cousa" o que supón para o equipo é "unha motivación". "É máis anecdótico que outra cousa, o que pensamos é en Burgos", apuntou Sergi, quen afirmou que por diante teñen "dous partidos esixentes en catro días" ante Burgos e Barcelona, como visitantes.

"Fisicamente vai ser un exame duro, os dous partidos fóra de casa e ante equipos dos bos da competición", explicou. Do máis inmediato, o Burgos, sinalou que é un equipo que che deixa o triplo, así que dependes moito do acerto". "Vai ser un equipo incómodo, moi físico. Se conseguimos o noso ritmo e levar a cabo o noso plan de partido, imos ter as nosas opcións", advertiu.

O director xeral do Breogán, Tito Díaz, indicou que a renovación se coceu ao longo da tempada pasada e fíxose realidade ao final" da mesma. "Coa chegada de Paco Olmos, o técnico foi un dos principais protagonistas da renovación, que xa estaba feita, porque lle encaixaba moi ben no seu baloncesto", comentou o exxogador e exentrenador do Breogán, quen considerou a Sergi un "símbolo" para a afección. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios