Scott Bamforth vestirá a camiseta do Río Breogán

O escolta, de 33 anos, promedia máis de 11 puntos nas catro tempadas que xogou na ACB
Scott Bamforth. TWITTER
photo_camera Scott Bamforth. TWITTER

O escolta estadounidense Scott Bamforth será xogador do Río Breogán para a próxima tempada. O acordo entre o club e o xogador xa é total aínda que aínda falta a asina do correspondente contrato. Bamforth, 1,88 metros de estatura e que cumprirá 33 anos o 19 de agosto, ten unha ampla experiencia na liga Endesa onde xogou durante catro tempadas.

Na campaña 2013-14 xogou no Cajasol de Sevilla,na seguinte no Murcia, a tempada 2015-2016 militou novamente no conxunto sevillano e na 2016-2017 fíxoo no Bilbao Basket.  En total nesas catro tempadas disputou na competición española un total de 119 partidos cunha media de 26 minutos de xogo, 11,5 puntos, 3,4 rebotes e 2,1 asistencias. As súas porcentaxes de tiro foron do 47,6% en tiros de dous puntos e de 37,3% en triplos cunha media de dúas canastras de tres por partido. Nos seus dúas últimas tempadas na liga Endesa alcanzou un 44,5% en triplos co Sevilla (65/146) e un 39,2% (47/120 co Bilbao).

Logo do seu paso por España, Bramforth xogou na Liga Italiana (Dinamo Sassari), co KK Buducnost (Montenegro) e nas dúas últimas tempadas con Lle Mans na liga francesa. No seu último ano con este equipo disputou 22 partidos cunha media de 24,6 minutos de xogo por partido, 12,2 puntos cunha porcentaxe do 48,8 % en tiros de dous puntos (40/82) e do 35,4 en triplos (46/130), ademais capturou 3,2 rebotes e repartiu 3,8 asistencias.

Bramforth naceu en Estados Unidos ( Albuquerque, Novo México) aínda que dispón de pasaporte de Kósovo. De todos os xeitos, en España ocupa praza de Extracomunitario xa que Kósovo non esta recoñecido polo Goberno de España. 

O que será novo xogador do Breogán caracterízase polo facilidade para o lanzamento, sendo unha constante ameaza para as defensas rivais. é capaz de xerar xogo para os seus compañeiros, sobre todo aproveitando a atención que sobre el adoitan aplicar as defensas rivais.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios