O sarrián Juan Pedro Durán, campión galego de snooker

Derrotou na final ao lancarés Diego Rey, que tamén destaca en fútbol como dianteiro do Vilalbés 
Juan Pedro Durán y Diego Rey. EP
photo_camera Juan Pedro Durán e Diego Rei. EP

O sarrián Juan Pedro Durán, Gusi, acábase de proclamar campión galego de snooker ao imporse ao lancarés Diego Rey Fernández na final disputada no club de billar de Teo (A Coruña).

Gusi chegou ás series finais tras dous meses de competición en diversos locais e venceu contra prognóstico a Diego Rey, co que comparte club e amizade. O snooker é unha disciplina que se practica nunha mesa do dobre de tamaño que as de bóla 8 (billares habituais nos locais e bares) e non é das modalidades máis practicadas en España, aínda que si en Europa e outros países do resto do mundo. De feito, é unha dos deportes de cabeceira, por exemplo, en Eurosport.

Juan Pedro Durán disputará agora tamén as finais nacionais en Madrid e despois, entre o 30 de decembro e o 8 de xaneiro, desprazarase un ano máis a Qinhuangdao para o torneo de referencia no mundo de billar chinés, que reúne aos mellores billaristas nesta disciplina de gran dificultade. Gusi acode como sexto no ranking europeo.

► Así foi a última xogada da final

Comentarios