Saqués: "Os adestradores non seguen porque haxa máis ou menos puntos"

O presidente do Lugo mostrouse tranquilo polo arranque do equipo: "Non nos imos a pór nerviosos"
Tino Saqués, en rueda de prensa. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Tino Saqués, en rueda de prensa. VICTORIA RODRÍGUEZ

O presidente do Lugo, Tino Saqués, mostrouse tranquilo respecto da situación do equipo ao considerar que as sensacións que dá son mellores que os puntos que sumou nas seis primeiras xornadas. 

"O balance é positivo, quizais mellor en sensacións que en resultados, porque mereceriamos algún punto máis", indicou aos xornalistas tras a presentación do proxecto Xuntos da man, no que o Lugo, o Breogán e a Deputación colaborarán para promocionar o deporte e os hábitos saudables. 

Saqués, ao que non lle tremeu o pulso no pasado para botar adestradores, foi cuestionado sobre se con Rubén Albés atopou a estabilidade. 

"Os adestradores non seguen porque haxa máis ou menos puntos, senón por unha suma de factores. Podes levar poucos puntos pero se o equipo está a competir, os xogadores integrados, todos a un tempo pero non tes ese punto de sorte, non nos imos a pór nerviosos. O de seguir ou non un adestrador non é cuestión só de resultados", incidiu. 

SEOANE: "EVITAR O DESCENSO é COMO A CHAMPIONS". O centrocampista do Lugo Fernando Seoane admitiu que para o equipo galego evitar o descenso de categoría é como meterse na liga de Campións ou gañar un título e augurou unha nova tempada coa permanencia en xogo ata o final, como case todas as últimas do conxunto galego en LaLiga SmartBank. 

"Vai ser outra vez unha pelexa ata o final. Oxalá non sexa tan difícil como estes últimos anos, pero non nos dá para máis. Hai que evitar acabar entre os catro últimos, que é como a Champions para nós. Habelo conseguido nos últimos anos foi como un título", comentou o capitán do conxunto branquivermello. 

Do inicio de tempada, con seis puntos noutros tantos partidos, recoñeceu que lle gustaría ter algún punto máis". 

"Pero o equipo está a traballar e competindo ben e, quitando algunha fase en que os rivais nos superaron, o equipo sempre deu a cara e tirou de orgullo cando foi por detrás no marcador. Sabemos o camiño para conseguir vitorias e consideramos que o que levamos é bastante bo", asegurou. 

Seoane comentou que por diante teñen "unha carreira de dez meses, de resistencia", na que cada equipo ten as súas "dinámicas" e "uns están mellor agora e outros, máis adiante". 

Os lucenses enfrontaranse o domingo ao Zaragoza no Ángel Carro, onde lograron a única vitoria que sumaron en seis partidos.

Comentarios