jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

Saqués nega ter interese no Córdoba e na venda do Lugo a curto prazo

Tino Saqués, nunha rolda de prensa. SEBAS SENANDE
Tino Saqués, nunha rolda de prensa. SEBAS SENANDE
“As informacións que están a saír non se corresponden coa realidade", afirmou o presidente do conxunto branquivermello

O presidente do CD Lugo, Tino Saqués, negou este venres que teña interese en facerse co Córdoba e tamén ha descartado a venda, a curto prazo, do equipo que dirixe, e do que é máximo accionista, a un grupo investidor mexicano.

O dirixente asegurou, en declaracións a Efe, que “do Córdoba non hai absolutamente nada”.

“As informacións que están a saír non se corresponden coa realidade. Nin presentei oferta polo Córdoba nin vou presentala e descoñezo o interese que poidan ter algúns en sacar ou utilizar o meu nome”, comentou.

Saqués afirmou que se debe ao CD Lugo e recordou que o equipo está inmerso “nun momento importante da tempada, cun partido, o do domingo”, en referencia ao derbi galego co Deportivo, no que “os dous” clubs xóganse “moito”.

“Algúns medios están teimudos en desviar a atención con estas historias, non se se buscando desestabilizar ao equipo ou con que finalidade”, dixo.

"¿Nun futuro? Pois xa se verá. Pero o que quero deixar claro é que nestes momentos a venda do Club Deportivo Lugo non está sobre a mesa”

Insistiu en que “nin hai nada co Córdoba”, ao que desexa “o mellor na situación na que está”, nin tampouco “hai nada sobre a venda do CD Lugo”.

“Como dixen no seu momento e volvo repetir para deixalo claro: non existe ningún fondo mexicano”, declarou.

Si recoñeceu recibir ofertas polo Lugo que “non foron valoradas” por el porque, na súa opinión, “non é o momento” de desprenderse do seu paquete accionarial (controla ao redor do 58 % do capital do club).

¿Nun futuro? Pois xa se verá. Pero o que quero deixar claro é que nestes momentos a venda do Club Deportivo Lugo non está sobre a mesa”, sentenciou.

Saqués lamentou o “acoso permanente” ao que lle están sometendo ao relacionarlle con esas operacións de compravenda de clubs.

“Descoñezo o obxectivo que teñen. Estamos nun momento no que hai moitos movementos no fútbol español e supoño que, intoxicando con mensaxes, o que pretenden é xerar desconcerto e confusión”, advertiu.

O presidente do Lugo insistiu en que o que lle “preocupa é o partido do domingo e que o club siga crecendo como o fixo durante estes últimos anos”.

Saqués nega ter interese no Córdoba e na venda do Lugo a curto prazo
Comentarios