martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Saqués: "O Lugo non se vende, é un club apetecible, pero por agora non se vende"

Tino Saqués. EP
Tino Saqués.EP
El presidente del Lugo asegura que "la participación por ahora no se vende"

O presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, negou a venda inmediata do club a ningún grupo empresarial, aínda que deixou aberta a posibilidade de poder traspasar o seu paquete accionarial se o proxecto "é continuista, serio e bo para o Lugo". O mandatario lucense afirmou que ten varias ofertas polas súas accións, aínda que non se reuniu" con ninguén ata o momento.

"Non me reunín con ningún grupo mexicano, nin houbo contacto ningún", dixo Saqués a este xornal. "A participación por agora non se vende", recalcou o presidente sobre os rumores que falan dunha posible venda do equipo a un grupo de empresarios con orixe en México ou en Asturias.

"Se no seu momento non vendín as accións por 15 millóns, cando tiven ofertas por esa cantidade, non o vou a facer agora por 12", indicou Saqués, quen recoñeceu que esta situación "non é nova".

O presidente recoñeceu en varias ocasións que contou con ofertas para facerse co paquete accionarial que posúe no club branquivermello e que ascende a máis de 150.000, o que supón máis do 58% da entidade branquivermella, o que lle permite tomar decisións con autonomía e presidir o consello de administración que rexe o club desde 2015.

Saqués destacou que hai "catro ou cinco posibles compradores" aínda que non sentou "con eles" e dixo que "non hai ningún tipo de acordo" con ninguén para a compra. "Se se dese un bo escenario podería suceder, pero non o faría a calquera", dixo. "Se alguén quere comprar as miñas accións debe ser xente continuísta co proxecto. Debe ser xente seria e cun proxecto serio, se non continuarei á fronte do club como ata agora", valorou Tino Saqués.

Por tanto, nun futuro a curto prazo parece improbable un cambio de máximo accionista da entidade branquivermella.

Saqués: "O Lugo non se vende, é un club apetecible, pero por agora...
comentarios