Sandra González representará a España no Europeo de trail

Substitúe na convocatoria á tamén lucense Emma Méndez, que foi convocada en primeira instancia pero non poderá acudir á cita por cuestións educativas
instasize_240414201411
photo_camera Emma Méndez y Sandra González. EP

A atleta da Escola Atlética Lucense Sandra González Fernández, foi convocada pola federación española de atletismo para representar a España no campionato de Europa de Trail que se celebra en Annecy (Francia) entre os días 31 de maio e 2 de xuño. Toma a substitución da tamén lucense Emma Méndez, que foi convocada en primeira instancia pero non poderá acudir á cita por cuestións educativas.

Sandra González atópase entre os galegos que compoñen a lista de convocados da federación española, que completa. ademais da lucense, a atleta Asheber Díaz, do RC Celta de Vigo.

A lucense é a vixente medalla de strong <>bronce nos campionatos de España de Trail que se celebraron en Ojós (Murcia) e en Candeleda (Sierra de Gredos) celebrados ao longo deste ano.

Sandra González representará a España nas categorías sub-20 Vertical Uphill (subida vertical) e sub-20 Mountain Classic.

Comentarios