Sandi Marcius non supera as probas médicas para incorporarse ao Breogán

O club lucense busca substituto para o pívot croata, que ten un problema na súa perna dereita
Sandi Marcius, en un entrenamiento con el Breogán. SEBAS SENANDE
photo_camera Sandi Marcius, nun adestramento co Breogán. SEBAS SENANDE

O Leche Río Breogán non contará finalmente co pivot croata Aleksandar 'Sandi' Marcius para a próxima tempada na Leb Ouro, ao non superar as probas médicas ás que foi sometido. O club xa llo comunicou ao xogador, que "precisará dun período de recuperación para volver ao traballo", e avanzou que "busca substituto para Marcius".

O Leche Río Breogán, que anunciou a fichaxe do pívot procedente do Real Betis en xullo, detalla que os servizos médicos comunicaron que o xogador "non se atopa en condicións de iniciar o traballo co resto do grupo debido a un problema na súa perna dereita", que non é a intervida na pasada campaña.

"Estímase que a súa recuperación suporá un período de entre dous e tres meses, polo que o club lle comunicou que non conta cos seus servizos", explica.

O Breogán ofreceu os seus servizos médicos ao xogador e este aceptou, polo que seguirá en Lugo durante este período traballando na súa recuperación.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios