O San Roque renova caras

O club blanquiverde estrea nova directiva conformada por cinco mulleres, con 'Sesé' como presidenta. Entre os novos obxectivos estará o de facer crecer a base e crear un equipo feminino
Nueva directiva del SDC San Roque con la presidenta, María José 'Sesé' (segunda por la izquierda). EP
photo_camera Nova directiva do SDC San Roque coa presidenta, María José 'Sesé' (segunda pola esquerda). EP

A SDC San Roque estará dirixida na súa totalidade por mulleres. María José López Vázquez, coñecida como Sesé, toma as rendas do histórico club lucense, en substitución do que ata o mes pasado foi o mítico presidente e fundador do club, Jose Montero Fernández, quen pasará a exercer outro cargo dentro do San Roque.

A nova directiva chega co obxectivo claro de facer crecer ao club en todos os seus aspectos. O primeiro deles é conseguir crear un club de base máis forte xa que, actualmente, só contan con preto de 50 xogadores, repartidos en dous equipos: o sénior, xogando en Primeira rexional, e un combinado xuvenil que disputa a Primeira autonómica.

A maiores, na nova folla de ruta das recentemente chegadas mandatarias blanquiverdes, tamén se contemplará a creación dun equipo exclusivamente feminino como os que xa ven entre outros clubs de base da cidade.

Seguindo nesta orde de ideas, unha das primeiras decisións que xa tomaron coa mirada posta en facer crecer a masa de nenos e nenas de base, é aplicar un desconto do 50% sobre as novas altas de mozos xogadores. Esta medida busca aumentar o número de nenos, para permitirse crear novas categorías (cadete, infantil, benjamín, etc).

CONVENIO CO POLVORÍN. A rivalidade histórica que sempre existiu sobre o céspede da Polvoreira, aos poucos irá a menos. A nova directiva do San Roque tamén se moveu neste aspecto. As cúpulas dos dous clubs asentados en Montirón, acordaron axudarse mutuamente co fin de potenciar o fútbol basee nesta parte da cidade. Este acordo, a pesar de non supor unha fusión de ambas as entidades, se que permitirá que os preto de 250 nenos de base do Polvorín teñan, ao acabar a súa etapa xuvenil, unha saída ao sénior do San Roque. categoría que o club amarelo perdeu ao dar a súa praza á filial do CD Lugo.

As catro restantes mulleres que acompañarán a Sesé como presidenta, serán: Rocío López (vicepresidenta), María Vázquez (secretaria), Susana Becerra (tesoureira) e María del Pilar Rodríguez (vocal).

Comentarios