San Emeterio estará dous meses de baixa por unha lesión de xeonllo

A ausencia do defensa podería dilatarse dependendo dos resultados do seu paso polo quirófano

Borja San Emeterio. AEP
photo_camera Borja San Emeterio. AEP

O CD Lugo anunciou nun comunicado que o defensa Borja San Emeterio estará polo menos dous meses de baixa ao serlle diagnosticado unha lesión aguda do complexo postero lateral do xeonllo dereito.

A lesión requirirá unha intervención cirúrxica, polo que os tempos de recuperación poderían dilatarse.

Deste xeito, o xogador cae da lista de convocados para o partido que os branquivermellos disputarán contra o Albacete Balonpié.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios