Roope Ahonen, baixa indefinida por unha afectación no cartílago

Roope Ahonen, entrenando en el Pazo CB BREOGÁN
photo_camera Roope Ahonen, adestrando no Pazo CB BREOGÁN

O Leite Río Breogán confirmou a baixa de Roope Ahonen de xeito indefinido por unha afectación no cartílago que, segundo o club, non ten relación coa intervención anterior na articulación.

O equipo explica que nunha recente revisión, o corpo médico detectoulle esa doenza que non está vinculada co ligamento do que foi intervido meses atrás e cuxa evolución segue os prazos previstos.

Á espera de probas complementarias e a valoración definitiva por parte de especialistas, non se descarta que o xogador teña que ser sometido a unha artroscopia.

O seu regreso á actividade atrasarase nun prazo que se determinará en función da resposta do xogador ao tratamento, apunta o Breogán, que este fin de semana inicia a LEB Ouro ante o Oviedo

Comentarios