Reunión de traballo

A comisión deportiva do CB Breogán reunirase na tarde de hoxe. Nesta reunión podería estar presente o presidente da entidade Antonio Veiga aínda que non pertence á mesma. A súa presenza podería estar debida á necesidade de tomar algunhas decisións ao redor da confección do persoal da próxima tempada.

A renovación de Michel Diouf segue sendo nestes momentos o obxectivo prioritario dos técnicos breoganistas. O xogador, á marxe de ofertas que puido recibir doutras ligas europeas, é unha peza cobizada por máis dun club con aspiracións de LEB Ouro, o que podería obrigar ao Breogán a realizar un esforzo económico máis importante do previsto para intentar a continuidade do xogador.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios