2-1. O Lugo remonta con épica ante o Mirandés e volve crer na salvación

Manu Barreiro transformou dous penaltis nos minutos 86 e 92. Os visitantes adiantáronse na primeira parte

photo_camera Manu Barreiro transformou dous penaltis nos minutos 86 e 92. Os visitantes adiantáronse na primeira parte

O Lugo logrou unha vitoria épica e soña coa permanencia no regreso o público ao Ángel Carro. Os locais remontaron o partido ante o Mirandés in extremis con dous goles de penalti en apenas seis minutos.

Manu Barreiro, con total tranquilidade, converteu as penas máximas nos minutos 86 e 92. Os dous forzounos Chris Ramos e o segundo foi sinalizado tras ser chamado o colexiado a velo no Var.

 

Ata ese momento, o Lugo non atopaba o camiño do empate nunha segunda parte na que o VAR xa anulara antes un penalti sinalado a favor dos locais por unha caída de Gerard Valentín na área.

O Mirandés adiantouse no minuto 39 ao aproveitar Pablo Martínez un fallo defensivo do Lugo.

A IMAXE. Catorce meses pasaron desde que a afección animou por última vez desde a bancada ao CD Lugo. Foto de Vitoria Rodríguez.

O público volveu ao Ángel Carro. VITORIA RODRÍGUEZ

RECIBIMENTO Ao EQUIPO. No regreso da afección ao Ángel Carro, os máis incondicionais mostraron o seu apoio aos xogadores con cánticos e bengalas á súa chegada en autobús. 

Estas imaxes contrastaban co escrupuloso protocolo para acceder ao estadio, tras 14 meses sen público pola pandemia. Fotos e vídeos de Vitoria Rodríguez.

Protocolo de acceso ao Ángel Carro. VITORIA RODRÍGUEZ

Comentarios