David Alonso: o regreso dun campión

David Alonso, mito do kickboxing lucense, regresa á cidade que o levou á elite dese deporte para dar clases e retomar a actividade
undefined
photo_camera O novo grupo de kickboxing que adestra David Alonso no ximnasio Sculture. EP

Falar de kickboxing en Lugo é falar de David Alonso. Un campión, un referente que chegou todo o máis alto e que, por motivos laborais, viuse obrigado a abandonar a práctica deportiva para instalarse en Asturias.

Alí aparcou durante un tempo a súa verdadeira paixón, pero empezou a desenvolver unha necesidade que hoxe, un lustro despois, volve estar satisfeita. E é que David Alonso volveu a Lugo, e iso significa que o kickboxing volveu a David Alonso.

"O traballo obrigoume a volver a Asturias e tiven un parón de cinco anos porque con 43 dependo máis do meu traballo, que é o que me dá para comer, que do deporte", explica. Nestes cinco anos, recoñece, a súa actividade foi exclusivamente laboral. "Deixei o deporte de lado. Dediqueime plenamente ao meu traballo pero agora atopei nova estabilidade en Lugo que me permite facer o que máis me gusta".

O que máis lle gusta a David Alonso é o kickboxing. Aquí fíxose un nome, primeiro formando a campións en diferentes categorías autonómicas, nacionais e internacionais, e logo sendo el o protagonista dos éxitos, con títulos importantes, como o Europeo que lle gañaron a Emilio García «na súa propia casa» ou a clasificación entre os dez primeiros do mundo entre os profesionais das categorías superligero e lixeiro. "Competimos varios anos a nivel moi alto e a verdade é que deixamos o pavillón moi alto", recorda, orgulloso, David Alonso.

Por todo iso, o seu regreso á cidade celébrase ao grande. Celébrao el, que retoma a actividade que máis lle enche como deportista, e celébrano os amantes do kickboxing que durante estes anos viviron unha especie de solar formativo. "Hai xente que quería que volvese. De feito, o promotor de todo isto é Daniel, antigo alumno meu que ten ganas de volver competir. E nada, o obxectivo é lograr un novo campión de España lucense. Sería o cuarto", apunta.

O ximnasio Sculture deulle a oportunidade, cada martes e xoves -entre 20.00 e 21.30 horas- de retomar as clases de kickboxing para xente que se inicia neste deporte e para aqueles que xa dominen a súa técnica. "A acollida foi buenísima e xa temos un grupo variado dunhas dez persoas que gozan desta disciplina", di.

Dúas mulleres e oito homes que aprenden as bases dun deporte que, segundo Alonso, sofre un "estigma, porque a xente cre que isto é subir a 'ring' e pelexar e é todo o contrario, pódeo practicar calquera, a calquera idade e con calquera condición física".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios