Rayo e Lugo achegan posturas para a fichaxe de Ramón Azeez

Nas últimas horas soou tamén o Deportivo, pero coa condición de que primeiro saíse Krohn-Delhi

Ramón Azeez. AEP
photo_camera Ramón Azeez. AEP

A saída de Ramón Azeez parece encamiñada cara a Vallecas. Nas últimas horas as posturas entre o Rayo Vallecano e o Lugo para que o cadro madrileño incorpore ao futbolista nixeriano parecen terse achegado, polo que, de haber "fumata branca" a etapa do africano no Ángel Carro pecharíase este verán.

O custo da operación para o Lugo estaría moi por baixo da súa cláusula de rescisión, situada nun millón de euros. A posibilidade de que Azeez saia libre no mes de decembro, o seu alto soldo —supera os 300.000 euros—, xunto co malestar pola tardanza en incorporarse aos adestramentos no mes de xullo puxeron ao nixeriano no mercado, o que fixo baixar o prezo de mercado dun futbolista que foi importante a pasada campaña.

O seu nome estivo ligado a numerosos equipos desde xuño. Mentres o Getafe ou o Leganés sondárono a inicios do período estival, a este grupo uníronse o Trabzospor turco e, sobre todo, o Raiyo Vallecano. Nas últimas horas soou tamén o Deportivo, pero coa condición de que primeiro saíse Krohn-Delhi.

Finalmente o seu destino parece que será o Rayo, que quere a Ramón Azeez como substituto do novo mediocentro Fran Beltrán, quen foi fichado polo Celta tras pagar a súa cláusula de rescisión, de 8 millóns de euros, o pasado 1 de agosto.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios