A proba para ser branquivermellos

Alberto Rodríguez é o último futbolista en chegar ao Lugo sen un contrato asegurado. Antes estiveron nesa situación xogadores como Pavón, Carrillo, Iván Pérez, Galindo ou Endrit
undefined
photo_camera Alberto Rodríguez, entre Cristian e Luís Castro nun adestramento en Pol. S. SENANDE

Resistir á incerteza dun futuro non asegurado en branquivermello. Traballar duro para convencer ao adestrador e ao club e gañarse un contrato non asegurado. A vida do xogador a proba sempre é dura. Tamén o é para o canario Alberto Rodríguez, quen intentará convencer ao adestrador, Rubén Albés, ao director deportivo, Mauro Pérez, e ao presidente do Lugo, Tino Saqués, de que ten un oco no persoal para a próxima tempada.

O defensa central ex Tamaraceite é o último dos futbolistas que chegaron ao Ángel Carro para adestrarse sen asinar un contrato co club lucense. Seis futbolistas tiveron o premio de competir como profesionais en Segunda División. Algúns saíron pronto, outros labráronse un nome como branquivermellos na categoría de prata.

O último en estar a proba e continuar no equipo foi José Ángel Carrillo, quen comezou a adestrarse co Lugo en setembro de 2019 para acabar asinando o seu contrato a finais de novembro. A punta murciano aínda golea para o Lugo.

Outro futbolista que non comezou a súa andaina no club con contrato foi Lolo Pavón. O andaluz chegou no verán de 2012 e convenceu a Quique Setién para ser clave na zaga do cántabro durante tres tempadas.

O último en estar a proba e continuar no equipo foi José Ángel Carrillo

Tamén brillou como branquivermello o compostelán Iván Pérez, quen traballou duro durante o outono de 2012 para gañarse un posto no equipo de Setién en decembro e seguir ata 2014.

Entre os xogadores que non tiveron tanta fortuna e acabaron pronto a súa relación gañada sobre o verde están o canario Guayre, o boliviano Samuel Galindo e o kosovar Endrit Krasniqi.

O primeiro intentou recuperar a súa carreira en xaneiro de 2013, logrou ter ficha no mercado invernal dese ano, pero acabou retirándose en marzo polos seus problemas de nocello. Galindo estivo a proba tras chegar desde as categorías inferiores do Arsenal e convenceu a Setién na 2012-2013. A súa bagaxe foi de sete partidos -ningún como titular- para saír en xaneiro de 2013. Endrit aterrou en Lugo co sobrenome do Messi dos Balcáns, pero nunca chegou a xogar co Lugo en Segunda División a pesar de estar co primeiro equipo.

Outros xogadores que estiveron a proba e non lograron convencer ao adestrador nin ao club foron o marroquí Adil Soudassi (verán de 2013), o dianteiro Rubén Rivera (xaneiro de 2014) ou o ucraíno Oleksander Avramenko (verán de 2020).

Captura

Comentarios