Primeira peza para a ofensiva

O Lugo acelera para a incorporación do extremo do Betis B Ángel Baena, que chegaría para reforzar as bandas do ataque, onde só Chris Ramos e Sebas Moyano non acaban contrato
 
Ángel Baena en un partido del Betis Deportivo ante el Ucam Murcia
photo_camera Ángel Baena en un partido del Betis Deportivo ante el Ucam Murcia TWITTER

Comezar a cubrir de músculo o esqueleto ofensivo do Lugo da próxima tempada, a undécima que o conxunto branquivermello disputará de forma consecutiva en Segunda División. O director deportivo branquivermello, Mauro Pérez, xa traballa para que o ataque lucense conte con boas vimbias para que a tempada 2022-2023 sexa, polo menos, tan exitosa como a actual. O primeiro paso podería chegar no posto de strong <>extremo, onde tan só ten a dous xogadores con contrato.

Sebas Moyano e Chris Ramos son os únicos nos costados ofensivos do Lugo que manterán a súa relación co club do Ángel Carro o próximo curso. 

Ao cordobés réstalle aínda un ano máis, mentres que o gaditano estará na cidade amurallada polo menos ata xuño de 2024. O resto de extremos aínda en nómina acaban a súa relación contractual o próximo mes: Iriome, con fin de contrato, e Jaume Cuéllar e David Mayoral, que volverán á SPAL italiana e ao Cádiz respectivamente tras finalizar as súas cesións.

Para cubrir esta zona, vital no desenvolvemento do xogo ofensivo do Lugo, o club está preto de fichar ao extremo catalán do Betis Deportivo Ángel. O futbolista chegaría libre ao terminar contrato coa filial verdibranco e parece decidido a aceptar a oferta multianual que presentou a entidade que preside Tino Saqués.

A chegada de Baena aínda non está pechada, xa que o futbolista aínda non estampou a súa firma no documento que o ligaría co club do Ángel Carro, aínda que as posturas están moi próximas. O xogador inclinouse por xogar á beira do Miño por diante doutras ofertas de conxuntos de Segunda División que se interesaron polos seus servizos.

A chegada de Baena significaría contar para o próximo curso con dous extremos destros, xa que o futbolista nacido en Barcelona fai 21 anos desenvólvese principalmente por esa zona de campo.
O xogador, formado na prestixiosa canteira do CF Damm, de Barcelona, foi asinado polo Betis no verán de 2017. Integrado inicialmente no seu equipo xuvenil, debutou coa filial que militaba en Segunda B na súa primeira tempada en Heliópolis, a 2017-2018.

Pasou ao Betis Deportivo de forma definitiva na 2020-2021, mentres que esta campaña, en Primeira RFEF, converteuse en titular indiscutible —disputou 33 partidos con tres goles anotados— nun equipo que perdeu a categoría e que ocupa o último posto do poderoso Grupo II.

Baena achegará velocidade e deas bordo na banda dereita. O futbolista barcelonés destaca pola súa capacidade para superar aos rivais pola súa potencia física e a súa habilidade no caneo. Hábil á hora de interpretar os espazos, ten un bo centro lateral coa súa perna dereita e tamén sabe finalizar xogadas co seu disparo.

Xunto a Sebas Moyano dará o desborde necesario para desatascar partidos pechados e permitirá correr ben as transicións ofensivas tras roubo. Non escatima esforzos á hora da presión e colabora co seu lateral.

Comentarios