Primeiro paso para cumprir o soño

Julio Delgado da órdenes en un tiempo muerto. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Julio Delgado da órdenes en un tiempo muerto. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Burela FS

3

 

Manzanares

1

 

Goles: 1-0, min 1: Iago Míguez; 2-0, min. 7: Clebinho; 3-0, min 31: Juanma; 3-1, min. 37: Juanillo.

Árbitros: González Moreta e Sánchez Chamorro (Castela León). Sacaron un cartón amarelo a Teto Pavillón: Vista Alegre, 900 espectadores.

O Burela FS conseguiu a vitoria no primeiro encontro do play off de cuartos de final polo ascenso ante o Manzanares. O conxunto que dirixe Xullo Delgado mostrouse moi superior ao equipo manchego, que apenas inquietou á meta burelense durante todo o encontro. Con este resultado, a eliminatoria trasládase a Manzanares, onde o conxunto mariñán terá dúas oportunidades de meterse en semifinais, xa que se perde o segundo encontro terá unha nova oportunidade cun terceiro.

Se nos cinguimos ao sucedido nos primeiros vinte minutos, o conxunto local é moi superior ao Manzanares. O Burela foi mellor en defensa, en ataque, en intensidade, en estratexia, en ganas, en ilusión... Foi un monólogo absoluto na primeira parte, onde Iago Varro, o porteiro local, apenas tivo que intervir. Se houbese que dar un favorito nesta eliminatoria logo dos primeiros vinte minutos, sería, sen dúbida, o Burela.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios