O primeiro derbi da tempada para o Río Breogán

Os celestes buscan este sábado na Malata vencer ante o Obradoiro no título da Copa de Galicia 
BALONCESTO PALACIO DE LOS DEPORTES DE GIJON
BILBAO BREOGAN
FOTO ARNALDO GARCIA
photo_camera Dzanan Musa bota o balón ante un xogador do Bilbao Básket. A NOVA ESPAÑA

O Río Breogán busca este sábado desde as 20.00 horas no pavillón de A Malata un novo título na Copa Galicia de baloncesto. O conxunto lucense vaise a medir co Obradoiro, o outro equipo galego que milita esta tempada na Liga ACB e que supón así o regreso de todo un derbi.

Os lucenses chegan con todos os xogadores dispoñibles, excepto Jordan Sakho, que segue coa súa participación no Afrobásket. Mentres, o conxunto santiagués afronta a cita con dúas baixas importantes como son as de Braydon Hobbs e Henry Ellenson.

Ademais, o técnico Moncho Fernández decidirá se dá minutos a Thomas Scrubb logo dun só día de adestramentos colectivos. Braydon Hobbs arrastra molestias nun nocello e non puido participar nos adestramentos de de o venres e do xoves polo que non forzará ante o Río Breogán.

Tampouco estará Henry Ellenson, que o martes viaxou a Estados Unidos para resolver trámites polo seu visado e aínda non logrou superar as trabas e a lentitude da burocracia para volver a Santiago. O conxunto que adestra Paco Olmos chega a este encontro cun partido de pretemporada xa ás súas costas e cun resultado e sensacións moi positivas como foi a vitoria por 57-88 ante o Bilbao Básket.

Por contra, o Obradoiro aínda non se estreou e a cita deste sábado en Ferrol supón a súa primeira posta en escena. Hai que destacar que o Obradoiro é o actual campión da Copa Galicia logo da súa vitoria na edición de 2019 porque o ano pasado non se disputou a final debido á pandemia.

A última vitoria para os breoganistas, que son os máis títulos teñen (12), foi no ano 2018 coincidindo tamén co seu anterior paso pola liga ACB. Desde que no ano 2006 alzase o título o Club Ourense Baloncesto, lucenses e compostelamos repartíronse os trece títulos.

Nove para o Obradoiro, todos os que constan no seu palmarés, e os outros catro para o Breo (2007, 2008, 2009 e 2018), o rei de Copas Galicia. Desde a primeira final entre ambos os na edición de 2009, os dous equipos volveron medirse en catro ocasións máis. Esta será a sexta vez que pelexan polo trofeo no encontro definitivo.

O conxunto lucense espera repetir este sábado o éxito da edición de 2018. O conxunto adestrado entón por Natxo Lezkano, minguado polas baixas, superou ao de Moncho Fernández en Marín (75- 74) nun partido no que Kyle Singler fallou un tiro nos últimos segundos.

Este sábado, os lucenses chegan con todas as ganas e a ilusión a unha cita na que hai en xogo un tótulo oficial e un impulso tamén moi importante para esta pretemporada.

Comentarios