sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

O presidente do Deportivo, sobre o Lugo: "Arrieros somos"

Fernando Vidal. CABALAR
Fernando Vidal. CABALAR
Vidal arremeteu contra Saqués pola súa defensa de Tebas

Tino Saqués abriu a caixa dos tronos ao falar de xeito moi claro da actuación da Liga no tema do Deportivo e o Fuenlabrada, e das consecuencias que xurdiron por mor da suspensión dese encontro.

O presidente do Lugo encomiou e defendeu o labor de Javier Tebas e cualificou de "ousadas e surrealistas" as peticións de dimisión exercidas por varios clubs. Tino Saqués declarou que "o Fuenlabrada non incumpriu en ningún momento o protocolo da Liga", apuntou que este caso "non pode escurecer o gran labor realizado por Javier Tebas" e asegurou que en caso de non retomarse a competición, "a Liga perdería ao redor de 600 millóns de euros que suporían a bancarrota de moitos clubs, entre eles o Lugo, que deixaría de ingresar dous millóns de euros, case o 23 por cento do orzamento".

Ademais, o presidente do Lugo lanzou varios dardos ao Deportivo sobre a súa xestión da situación e cualificou a petición da liga de 24 equipos como "inviable". "Non comparto cando alguén quere facer a guerra pola súa conta estando dentro dun colectivo ordenado. Se houbese lexitimación non teñades dúbidas de que o apoiariamos todos os clubs. A Liga de 24 é inviable porque non hai lexitimación ningunha respecto diso. Agora mesmo igual case valería de 23. Xa se conseguiu algo, así que valería de 23", comentou en ton irónico.

Esta defensa da dirección de Javier Tebas á fronte da Liga e as claras referencias ao Deportivo non tardaron en obter resposta do máximo mandatario coruñes. O presidente do conxunto herculino, Fernando Vidal, arremeteu contra Tino Saqués, ao que acusou de "pouco solidario cos clubs galegos" e envioulle unha contundente mensaxe de face ao futuro. "O Deportivo sempre apelou a un sentimento solidario co resto de clubs, pero hai clubs que non están na mesma sintonía. Alá cada un coa súa conciencia. Este é un camiño moi longo. Arrieros somos e no camiño nos atoparemos", incidiu un Fernando Vidal que tamén se acordou de Javier Tebas, ao que acusou de tomar "decisións despóticas".

O TAD desestima o recurso por aliñación indebida do Estremadura
O Tribunal Administrativo do Deporte desestimou o recurso do Deportivo pola aliñación indebida do Estremadura que denunciou na antepenúltima xornada de LaLiga e o club galego anunciou que acudirá á xustiza ordinaria.

O presidente do Deportivo, Fernando Vidal, confirmou o fallo do TAD nunha rolda de prensa na que presentou a Juan Carlos Valerón como adestrador da filial e a Fran González como responsable da canteira.

Vidal explicou que a opinión dos avogados é que "a argumentación" do TAD "é bastante pobre" e por iso "o seguinte paso é ir á xustiza ordinaria".

Ademais segue á espera de que o instrutor da RFEF indique as súas conclusións a Competición sobre o partido aprazado. 

O presidente do Deportivo, sobre o Lugo: "Arrieros somos"
comentarios